Sunday 12 de May de 2024

XXIV Certame Literario de Poesía e narración breve, Cambre 2017


O día 16 de xuño de 2017, no IES David Buján, ás 12:30 h, conforme se establecía nas bases, terá lugar o acto de entrega de premios aos afortunados participantes nesta XXIV edición do Certame Literario de Poesía e Narración breve, organizado polos dous institutos de Educación Secundaria do Concello de Cambre, Afonso X “O Sabio” e David Buján, e a Concellería de Cultura, Deportes e Mobilidade do Concello de Cambre.